top of page

1.- REGULAMENTO DA PROBA “I SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 2014”

PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento.

Art. 2º.- O Club Atletismo Cambados, con NIF: G94050432 e o Excelentísimo Concello de Cambados ORGANIZAN, o mércores 31 de decembro de 2014, a partir das 16:30 horas a “I San Silvestre Solidaria de Cambados” sobre un trazado urbano de 4 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba.
Para este ano 2014 haberá San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:

- Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2014 (nados nos anos 2007, 2008, 2009  e 2010), cun percorrido de 100 m. polo paseo marítimo de Cambados. Hora inicio: 16:40

- Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2014 (nados nos anos 2004, 2005 e 2006), cun percorrido de 400 m. polo paseo marítimo de Cambados. Hora inicio: 16:50

- San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2014(nados nos anos 2001, 2002 e 2003) , cun percorrido de 800 m. polo paseo marítimo de Cambados. Hora inicio: 17:00

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. 
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
• Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida á Club Atletismo Cambados (rúa Montiño do Medio, 12. Santome – 36630 Cambados)
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS
Faranse no correo electrónico atletismocambados@gmail.com ata o martes 30 de decembro de 2014  as 24:00 h. e no mesmo dia da proba de 15:30 ata as 17:00 h. no lugar de saida.


A inscrición será GRATUITA ainda que non se podera retiralo dorsal sen aportar 1 KG DE CALQUER ALIMENTO NON PERECEDOIRO, que serán doados a Cáritas de Cambados.

No correo electrónico enviado para inscribirse constará:
- Nome e apelidos do inscrito, número do DNI, data de nacemento e un e-mail de contacto de cada participante para envío de informacións relacionadas coa proba.


No caso dos rapaces:
- Nome e apelidos do rapaz ou rapaza, data de nacemento, nome e apelidos e teléfono de contacto do pai, nai ou titor/a legal.


A inscrición na proba quedará limitada a 500 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 100 participantes sumando as dúas categorías de idade.

ACCIÓN SOCIAL: todos os/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega dun produto alimenticio non perecedoiro, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, que serán doados a Caritas de Cambados.

O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS
Farase na zona de saída, na Escalinata de Santo Tome fronte o Asilo, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:30 e as 17:00 do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega do avituallamento final ao rematar a proba. 

Existira na zona de saida un hinchable con monitor para quen queira deixar os pequenos mentres participa na carreira.


Art. 7º.- PERCORRIDO
As categorías infantís completarán o percorrido: 
Saída e chegada na escalinata de Santo Tome,  e un percorrido polo Paseo Maritimo de Santo Tome.

Nenos e nenas de 3 a 7 anos: 100 m. HORA SAÍDA: 16:40

Nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos: 400 m. HORA SAÍDA: 16:50
Rapaces e rapazas de 11, 12 e 13 anos: 800 m. HORA SAÍDA: 17:00


Categoría absoluta, 14 ou máis anos: 
Os corredores completarán 2 voltas ao seguinte circuíto urbano:
Saída e chegada na escalinata de Santo Tome, con dirección oeste cara á rúa Muelle de Santo Tome, xiro a esquerda pola rúa Pintor Urbano Lugris, seguimos polo paseo marítimo da Torre de San Sadurniño, xiro á esquerda pola rúa Montesacro, xiro á esquerda e despois a dereita pola rúa Narciso Pérez, recorrido polo paseo marítimo de Santo Tome e volta cara a saida.

Nº Voltas ao circuíto: 2 Distancia: 4 km aprox.
Horario da saída: 17:30h

Avituallamento na zona de chegada ao rematar a proba.

Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
Existe un Centro de Saude a 300 m. da Saida que dispon dos servizos médicos necesarios en caso de accidente ou lesión.

O Concello de Cambados dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente que ampara a celebración desta carreira.


Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS
Calquer membro da organización, están facultados para retirar da carreira calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.

 

POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS

 

PREMIO AO PRIMEIRO CLASIFICADO MASCULINO

PREMIO A PRIMEIRA CLASIFICADA FEMININA

PREMIO AO MELLOR DISFRAZ


Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premios que o poder correr polas rúas da nosa vila o derradeiro día do ano.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA
As persoas participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón de Santo Tome, no que tamen organizaremos una merenda final para todolos participantes e publico en xeral.

 

Para máis información: atletismocambados@gmail.com

I San Silvestre Solidaria de Cambados 2014

31 Decembro

16:30 horas.

  • Wix Facebook page
bottom of page