top of page

Inscricións:

 

Faranse no correo electrónico atletismocambados@gmail.com ata o martes 30 de decembro de 2014  as 24:00 h. e no mesmo dia da proba de 15:30 ata as 17:00 h. no lugar de saida.


A inscrición sera GRATUITA ainda que non se podera retiralo dorsal sen aportar 1 KG DE CALQUER ALIMENTO NON PERECEDOIRO, que serán doados a Cáritas de Cambados.

 

No correo electrónico enviado para inscribirse constará:
- Nome e apelidos do inscrito, número do DNI, data de nacemento e un e-mail de contacto de cada participante para envío de informacións relacionadas coa proba.

 

No caso dos rapaces:
- Nome e apelidos do rapaz ou rapaza, data de nacemento, nome e apelidos, e teléfono de contacto do pai, nai ou titor/a legal.

 

A inscrición na proba quedará limitada a 500 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 100 participantes sumando as tres categorías de idade.

ACCIÓN SOCIAL:  todos os/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega dun produto alimenticio non perecedoiro ou produtos de limpeza e hixiene persoal, que serán doados a Caritas de Cambados.

 

I San Silvestre Solidaria de Cambados 2014

31 Decembro

16:30 horas.

  • Wix Facebook page
bottom of page